XVII edición do Certame Galego de bandas de música na cidade de Pontevedra. 

0
300

Compostela, 17 de outubro de 2024 

A Federación Galega de Bandas de Música Populares organiza a décimo séptima edición do Certame Galego de Bandas de Música entre os días 18 e 20 de outubro de 2024 no emblemático Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Este evento, convertido nun referente estatal, reunirá a numerosas bandas de toda Galicia e doutras localidades, ofrecendo un escenario único para a excelencia musical e a creación artística de calidade. 

O Certame contará cun acto de inauguración o venres 18 de outubro no que a partir das 21:30h poderemos escoitar á Banda de música de Arzúa co seu espectáculo «Rock á galega». 

O sábado 19 o Pazo da Cultura de Pontevedra resoará ofrecendo a seguinte programación: 

Sección xuvenil 

11:45 Banda xuvenil da Societat Artística Musical d’Alginet 

12:30 Banda xuvenil da Unión Musical de Meaño 

13:15 Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada 

Sección infantil 

16:15 Banda Infantil de Lalín 

16:45 Banda infantil Maestro Lupi de Benavente 

Sección terceira 

17:30 Banda de música popular de Moaña «Airiños do Morrazo» 18:30 Unión Musical de Coruxo 

19:30 Banda de música Unión Musical de Tenorio 

20:30 Banda de música Artística de Arcade 

O Domingo 20 contaremos tamén cunha xornada repleta de música. O programa para este día é o seguinte: 

Sección segunda 

11:00 Banda de música xuvenil de Xinzo 

12:10 Banda de música municipal de Caldas de Reis 

13:20 Agrupación Músico Cultural de Ribadumia

Sección primeira 

16:30 Agrupación Musical do Rosal 

17:50 Banda Escola de Música de Beade 

19:10 Banda Filarmónica de Amares 

Ao longo do certame, as bandas participantes interpretarán tres pezas: unha obra de presentación, unha peza de libre elección e outra proposta pola organización, seleccionada entre as gañadoras en edicións anteriores do Concurso Galego de Composición. As obras propostas para esta edición son as seguintes: 

-Sección primeira: Imaxes Olívicas, de Santiago Barreira Davila. -Sección segunda: Unha rapsodia galega, de Sergio Rodríguez Pena. -Sección terceira: Lembranzas, de Pere Sanz Alcover. 

-Sección xuvenil: Jakobsland, a terra de Santiago, de Álvaro Cámara López. -Sección infantil: A moura galega, de Frank J. Cogollos Martínez. 

As actuacións serán valoradas por un xurado integrado por 3 personalidades de recoñecido prestixio no mundo da música de banda. Dito xurado darase a coñecer o mesmo sábado 19 no evento que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

A Federación Galega de Bandas de Música Populares quere agradecer, un ano máis, o apoio da AGADIC-Xunta de Galicia, do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra. Ademais queren agardecer á plataforma colaboradora Glissandoo que este ano premiará á gañadora de cada categoría cun ano de licenza gratuíta do seu software, con acceso a todas as funcións premium. 

Este certame representa unha oportunidade única para gozar do talento das mellores bandas de música e as súas interpretacións de obras galegas e internacionais. Convidamos a todos os e as amantes da música a achegarse ao Pazo da Cultura de Pontevedra e gozar deste evento que une tradición e innovación no panorama musical galego. 

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí