XVI Concurso (2023) Galego Composición rematará o día 30 de setembro de 2023.

0
359

A presente convocatoria ten como obxectivo primordial fomentar e estimular a actividade musical como parte esencial do patrimonio cultural galego, mediante a creación de obras inspiradas na nosa cultura e tradición e coa finalidade de ser interpretadas especificamente por bandas de música.

Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música asume a responsabilidade de establecer as bases que rexerán o desenvolvemento do Concurso Galego de Composición coa finalidade de proporcionar un espazo de estímulo para a creación musical, no que se recoñeza o talento de compositores e intérpretes, se fomente a innovación e se promova o fortalecemento da cultura musical galega.

Os compositores poderán participar en diferentes categorías, en función da dificultade das mesmas e do cadro instrumental que se detalla nas bases.

– Poderán concorrer persoas compositoras sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
– As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
– Valorarase especialmente que a obra promova a cultura galega. Para isto, o xurado avaliará as alusión a expresións artísticas, culturais ou tradicionais galegas sempre que estean ben xustificadas. Deberase achegar documento explicativo para a acreditación deste aspecto.

As principais novidades desta edición son:
– Creación da categoría de Música Popular Galega, na procura de novas creacións que beban da tradición galega e transformen para as novas xeracións.
– Modificación da categoría infantil a unha nova de iniciación, onde se fomentará unha intrumentación flexible que permita que calquera tipoloxía de banda as poida interpretar.
– Modificación dos premios, acadando o premio na sección primeira os 2500 euros.

A inscrición comezará o día 1 de maio e rematará o día 30 de setembro de 2023.

Bases

Inscrición

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí