X CICLO DE CONCERTOS “MÚSICA NO CAMIÑO”
15 bandas de música galegas actuarán nas vindeiras semanas en Compostela para dar a coñecer a nosa tradición bandística entre peregrinos e visitantes.
Compostela, 3 de agosto de 2023.- O X Ciclo de Concertos, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co patrocinio de Turismo de Galicia, ten como finalidade fomentar e estimular a actividade musical, parte fundamental do noso patrimonio cultural, e achegar a peregrinos e visitantes o traballo das bandas chegadas de toda a xeografía galega.
As actuacións realizaranse na Praza das Praterías (Santiago de Compostela) ás 20.00 h. Os concertos son:
● 04/08 Banda de música Unión de Lantaño
● 05/08 Banda de música popular de Muimenta
● 06/08 Agrupación Musical de Goián
● 11/08 Banda de música «Lira» de San Miguel de Oia ● 12/08 Banda de música de Vilalba
● 13/08 Banda de música de Brión
● 14/08 Banda de música popular de Tui
● 16/08 Banda de música de Visantoña
● 18/08 Banda de música cultural e recreativa das Pontes ● 19/08 Ateneo Musical de Bembrive
● 20/08 Banda de música cultural de Mondariz
● 25/08 Banda de música «Sons e Soños»
● 26/08 Banda de música de Abegondo
● 27/08 Banda de música de Vilatuxe
● 03/09 Banda Sinfónica Galega
Cada concerto, dunha hora de duración, recollerá no seu programa unha parte de composicións galegas para contribuír a visibilizar as súas creacións propias.
Este ciclo de concertos volve á cidade despois da última edición desenvolvida en 2019 e supón unha oportunidade para que as bandas de música populares actúen nun lugar emblemático, preto da Catedral de Santiago, estreitando vínculos coa comunidade e cos peregrinos que visitan a cidade.
FGBMP
A Federación Galega de Bandas de Música Populares agrupa actualmente a 96 asociacións sen ánimo de lucro galegas e conta con máis de 7500 músicos federados. Estas formacións, presentes na vida cultural galega dende o século XIX, caracterízanse por contar cunha importante presenza de xente nova (preto do 70% dos federados son menores de 30 anos) e pola súa valiosa labor formativa e social, achegando a aprendizaxe dun instrumento musical a vilas e pobos galegos. A maioría de bandas populares conta cunha escola de música para formar novos talentos e están presentes nun de cada catro concellos galegos, predominando especialmente no ámbito rural.
As bandas de música caracterízanse polo seu sentimento de identidade e de vínculo co pobo que representan, agrupando nas súas filas tanto músicos de distintas xeracións como varios membros da mesma familia, nunha tradición que se mantén e se coida dende a FGBMP, fomentando proxectos como o de «Música no Camiño».
CONCERTOS DESTA FIN DE SEMANA
Venres, 4 de agosto: Banda Unión Musical de Lantaño:
– Programa
– CV Banda e director
Sábado, 5 de agosto: Banda de música popular de Muimenta: – Programa
– CV Banda e director
Domingo, 6 de agosto: Agrupación Musica de Goián:
– Programa
– CV Banda e director
Máis información: https://bandas.gal/evento/musica-no-camino-2023/
981591895 / ciclodeconcertos@bandas.gal / federacion@bandas