O encontro da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia terá lugar entre os días 21-26 de Agosto en O Rosal (Pontevedra), realizando dous concertos (Goián, O Rosal). Poden participar rapaces e rapazas galegos/as que teñan entre os 14 e 20 anos nas datas do encontro.
(Os rapaces/as que teñan 14 e 15 anos nas datas dos encontros poderán presentarse ás dúas bandas, infantil e xuvenil, tendo en conta a vía de acceso que en cada unha se contempla)
Toda a información sobre o proxecto educativo, os obxectivos así como o organigrama de ambas agrupacións pódese encontrar na web: https://bandasinfonicadegalicia.com/
Incluimos unha Guía para Pais que podes descargar: INFORMACIÓN EXTENDIDA E GUÍA PARA PAIS (CLICK AQUI)
Ámbolos dous encontros contarán con profesores colaboradores, monitores de tempo libre titulados, así como actividades culturais e de ocio.
Cada compoñente das Bandas estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil e outro de accidente, entregándoselle ademais unha camiseta da agrupación e un diploma no transcurso do encontro.
Todas as novidades iranse publicando a través da web e nas redes sociais.
Hai tres modalidades de participación:
a) Asistencia ao Encontro Musical (70€)
b) Asistencia ao Encontro Musical + Xantar (120€)
c) Asistencia ao Encontro Musical + Pensión Completa (240€)
En todas as modalidades está incluída a viaxe en autobús e a comida nos desprazamentos.
A organización poñerá un número de teléfono de contacto permanente durante o encontro.
Quen pode formar parte da Banda Sinfónica Infantil de Galicia (BSIG)?
Poderán formar parte dela nenos e nenas galegos ou con residencia en Galicia, que teñan entre os 9 e 15 anos no transcurso do encontro. A Banda Sinfónica Infantil estará formada en torno ós 50 compoñentes (frauta, óboe, fagot, requinto, clarinete, clarinete baixo, saxofón alto, saxofón tenor, saxofón barítono, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo e percusión).
Sede para ensaios, comida e albergue:
Conservatorio de As Pontes (Ensaios)
Colexio de As Pontes (Albergue)
Restaurante por determinar (Comidas)
Concertos:
18 de agosto, 20:00h. (Teatro da Beneficencia. Ortigueira)
19 de agosto, 20:00h. (Auditorio Municipal. Cine Alovi. As Pontes)
Directores:
Abel Riveira e Quique Lagares
Profesores colaboradores:
Directores de Banda e mestres de diferentes conservatorios e escolas de música de Galicia
Actividades culturais e de ocio propostas:
Visitas guiadas por As Pontes e Ortigueira, Piscina, gravación de documental sobre a BSIG,…
PROCESO DE SELECCIÓN:
A BSIG é unha banda representativa. O seu proceso de selección non será competitivo senón que se fará seguindo os seguintes apartados:
1) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica Infantil de Galicia)
2) Por idade e nivel do curso (escola/conservatorio) que realiza
3) Por un criterio de paridade entre nenos e nenas.
4) OPCIONAL: VIDEO (*)
(*) Para a Banda Sinfónica Infantil o envío de video é opcional (non será por sí mesmo determinante para a selección final. Soamente servirá como referencia para o criterio de selección por procedencia)
Os vídeos non superarán os 5 minutos de duración, onde o/a candidato/a interprete unha obra de libre elección.
Pódense enviar ó email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es a través de plataformas como wetransfer.
O video (ou en información adxunta) deberá incluir o nome e apelidos do/a rapaz/a correspondente, en caso contrario desestimarse a súa valoración.
As solicitudes faranse vía internet, cubrindo o seguinte formulario de pre-inscrición antes do 20 de maio. Cada candidato comprométese a asistir na súa totalidade ós ensaios e concertos programados.
O 1 de xuño comunicarase por e-mail os resultados da convocatoria, abríndose un prazo para formalizar a inscrición que rematará o 11 de xuño. Realizarase unha lista reserva da que se fará uso en caso de producirse algunha baixa. O prazo para formalizar a inscrición dos/das candidatos/as seleccionados como reserva concluirá o 18 de xuño:
FORMULARIO DE SOLICITUDE PARTICIPACIÓN BSIG 2018 (CLICK AQUI)
Quen pode formar parte da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia (BSIG)?
Poderán formar parte dela rapaces e rapazas galegos/as ou con residencia en Galicia, que teñan entre os 14 e 20 anos no transcurso do encontro. A Banda Sinfónica Xuvenil estará formada en torno ós 50 compoñentes (frautín, frauta, óboe, corno inglés, fagot, requinto, clarinete, clarinete baixo, saxofón alto, saxofón tenor, saxofón barítono, trompeta, trompa, trombón, trombón baixo, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, e percusión).
A BSXG xurde da consolidación do proxecto da Banda Sinfónica Infantil de Galicia, e da continuidade á labor pedagóxica que se leva facendo durante dous anos. Para a conformación desta banda buscaranse, ademais dos obxectivos da BSXG, o valor tanto pedagóxico do encontro, como artístico dos seus membros, inquedanzas musicais, así como a predisposición por mellorar e de facer da práctica do instrumento algo incorporable ó cotiá da vida.
Incluimos unha Guía para Pais que podes descargar: INFORMACIÓN EXTENDIDA E GUÍA PARA PAIS (CLICK AQUI)
Sede para ensaios:
Auditorio Municipal de O Rosal (Pontevedra)
Comidas e albergue:
Restaurante por determinar (Comidas)
Colexio de O Rosal (Albergue)
Concertos:
25 de agosto, 20:00h. Auditorio de Goián (Concello de Tomiño)
26 de agosto, 20:00h. Auditorio Municipal de O Rosal
Directores:
David Llano e Carlos Diéguez
Profesores colaboradores e Solistas:
Directores de Banda e mestres de diferentes conservatorios e escolas de música de Galicia
Actividades culturais e de ocio propostas:
Visitas guiadas polos pobos nos que se realicen os concertos, charlas, masterclass, grabación de documental sobre a BSXG,…
Dentro do proceso de selección, valorarase positivamente a versatilidade ou o dominio de instrumentos como o frautín, corno inglés, saxo tenor, barítono, requinto ou clarinete baixo, trombón baixo.
O proceso de selección farase seguindo os seguintes apartados:
1) Por a gravación enviada (*)
2) Por versatilidade, no caso dos instrumentos anteriormente citados (marcar cada un deles no formulario de inscrición)
3) Por nivel do curso (escola/conservatorio) que realiza
4) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia)
5) Por un criterio de paridade entre rapaces e rapazas.
(*) OBLIGATORIO: Envío de Video.
Os vídeos non superarán os 5 minutos de duración, onde o/a candidato/a interpretará unha pequena peza ou un movemento dunha obra de libre elección. (Non é necesario o acompañamento de piano).
Pódense enviar ó email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es a través de plataformas como wetransfer, link de youtube…; ou a través de WhatsApp ó 633830540 (decindo o nome e apelidos antes do comezo da interpretación ou adxuntando esta información).
O video (ou en información adxunta) deberá incluir o nome e apelidos do/a rapaz/a correspondente, en caso contrario desestimarse a súa valoración.
No caso da especialidade de percusión valorarase positivamente que a gravación de video conteña fragmentos tanto de parches coma de láminas.
As solicitudes faranse vía internet, cubrindo o seguinte formulario de pre-inscrición antes do 20 de maio. Cada candidato comprométese a asistir na súa totalidade ós ensaios e concertos programados.
O 1 de xuño comunicarase por e-mail os resultados da convocatoria, abríndose un prazo para formalizar a inscrición que rematará o 11 de xuño. Realizarase unha lista reserva da que se fará uso en caso de producirse algunha baixa. O prazo para formalizar a inscrición dos/das candidatos/as seleccionados como reserva concluirá o 18 de xuño:
FORMULARIO DE SOLICITUDE PARTICIPACIÓN BSXG 2018 (CLICK AQUI)