Anuncio convocatoria-bases de selección de director/a da Banda Municipal do Concello de Santiago de Compostela
PROPOSTA DE CONVOCATORIA DA SELECCIÓN DE DIRECTOR/A DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CONCELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA, PERSOAL, CONTRATACIÓN E MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
RESOLUCIÓN do 17 de febrero de 2020 pola que se convoca un posto de persoal directivo
En atribución das competencias conferidas por Decreto da Xunta de Goberno Local de data 24 de xuño de 2019,
RESOLVE:
Primeiro.- Anunciar a convocatoria para cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución.
Segundo.- Aprobar as bases polas cales se rexerá o proceso de selección que se inclúen no anexo II.
Terceiro.- A presente convocatoria e as distintas resolucións que se diten ao longo do proceso de selección serán
publicadas na páxina web http://santiagodecompostela.gal no apartado de procesos selectivos.
Cuarto.- Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos deriven dela ou da actuación do tribunal de selección poderán ser impugnados polas persoas interesadas no prazo e forma establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020
A concelleira de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local Marta Abal Rodríguez
ANEXO I
Código de posto: 6420L3128
Denominación do posto: director/a da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela Dependencia: Concellería de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural Localidade: Santiago de Compostela
Tipo de persoal: laboral (alta dirección) / funcionario (subgrupo A1)
Duración do contrato: dous anos, prorrogables
ANEXO II
Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
Artigo 1.- Obxecto da convocatoria
A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
Página 1 / 5
Número de anuncio 2020/1498
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Xoves, 27 de febreiro de 2020 [Número 39] Jueves, 27 de febrero de 2020
Artigo 2.- Vínculo
O vínculo coa persoa seleccionada formalizarase mediante un contrato laboral de alta dirección ao amparo do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección.
O/a director/a estará suxeito ao réxime de incompatibilidades recollido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
De acordo co artigo 34.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, os contratos laborais de alta dirección do pesoal directivo incluirán un pacto de permanencia e non competencia poscontractual polos dous anos seguintes á extinción do contrato.
Artigo 3.- Requisitos dos/as aspirantes
Os/as aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:
a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de derito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.
b) Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
c) Ter feitos os dezaseis anos.
d) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non teñan a na- cionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.
e) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado.
f) Estar en posesión do título superior de licenciatura en dirección de orquestra
De ser o caso, para as titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación.
g) Ter unha experiencia mínima de 2 anos como director de banda de música ou de orquestra.
Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato.
Artigo 4.- Funcións e obrigas
Sen que a relación teña carácter limitativo, están incluídas no posto as seguintes obrigas e funcións:
– Deseñar e propor todo canto atinxe aos aspectos artísticos do funcionamento da Banda: programación, selección de repertorio, proposta de contratación de directores e solistas convidados, proposta de programas didácticos, actividade pedagóxica, intercambios, eventos extraordinarios nos que se requira a actuación da Banda Municipal de Música, etc.
– Dispoñibilidade dun horario flexible derivado das necesidades dos concertos e desprazamentos, coa posibilidade de desempeñar parte das súas funcións fóra do lugar de traballo.
- – Realización e comunicación de follas de traballo dos músicos.
- – Propor e supervisar a elaboración de materiais informativos e de difusión sobre as actividades da Banda.
- – Coordinar a producción dos concertos e doutras actividades da Banda, así como todas as tarefas que poidan incidir no bo funcionamento deste servizo municipal.
– Planificar e organizar o persoal en consonancia coa actividade programada e en coordinación coa área municipal de Cultura e co resto dos servizos municipais implicados.
– Asumir, sempre de acordo cos responsables municipais, a representatividade da Banda Municipal, tanto cara a outras institucións e administracións como diante da sociedade en xeral.
Página 2 / 5
Número de anuncio 2020/1498
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Xoves, 27 de febreiro de 2020 [Número 39] Jueves, 27 de febrero de 2020
Artigo 5.- Solicitudes e prazo de presentación
As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela, sito na rúa Presidente Salvador Allende, no 4 baixo, ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.
Na solicitude os/as aspirantes deberán presentar declaración responsable de que reúnen todos e cada un dos requi- sitos exixidos.
A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras, así como a autorización ao Servizo de Persoal do Concello de Santiago de Compostela para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; neste caso, deberá presentar, xunto coa solicitude, unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.
Así mesmo, deberá presentar copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.
O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e son res- ponsabilidade do/da aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o décimo quinto día hábil, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña
Ademais da documentación reseñada con anterioridade, coa solicitude achegarase un currículo no que deben constar acreditados os títulos académicos, os postos de traballo desenvoltos, a formación complementaria e calquera outro mérito que se desexe facer constar.
É requisito, tamén, presentar un proxecto no que se recollan as liñas básicas que a criterio da persoa candidata, debe seguir o funcionamento da Banda Municipal de Música, atendendo tanto aos aspectos musicais como organizativos. Este proxecto terá unha extensión máxima de vinte folios a unha cara escritos en tamaño 12 e cun interliñado de 1,5. A valoración do proxecto farase en función da adecuación da persoa candidata aos cometidos que se establecen no artigo 4.
Artigo 6.- Admisión de aspirantes
Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, a Concellería de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local dictará resolución aprobando as listas provisionais de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.
A lista publicarase na paxina web do concello e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, conta- dos desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.
Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución aprobando a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, con indicación da composición do tribunal de selección.
Esta resolución farase pública na páxina web do concello.
Artigo 7.- Tribunal de selección
O tribunal de selección terá a categoría primeira, de conformidad eco artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, e estará constituído por: presidente/a, tres vogais, e secretario/a, todos eles con voz e voto.
A abstención e recusación do tribunal será de conformidade cos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
O tribunal constituirase unha vez publicada na páxina web do Concello de Santiago de Compostela a lista definitiva de aspirantes.
Os membros do tribunal son persoalmente responsables do estrito cumprimento das bases da convocatoria, de suxei- ción aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos resultados. As dúbidas ou relamacións que puideran xurdir coa interpretación da aplicación das bases da presente convocatoria, así como o que deba facerse nos casos non previstos, serán resoltos polo tribunal, por maioría.
Página 3 / 5
Número de anuncio 2020/1498
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Xoves, 27 de febreiro de 2020 [Número 39] Jueves, 27 de febrero de 2020
Artigo 8.- Desenvolvemento do proceso de selección
O proceso de selección constará de tres exercicios eliminatorios:
PRIMEIRO EXERCICIO: consistirá nunha entrevista na que os candidatos expoñerán a defensa do contido do proxecto presentado e na aclaración a calquera extremo deste ou do currículo que os membros do tribunal consideren necesario. Este exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, e será necesario obter a cualificación de 5 puntos para acceder ao seguinte exercicio.
SEGUNDO EXERCICIO: os/as candidatosas que superen o primeiro exercicio, realizarán unha proba práctica coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. A proba consistirá en dirixir un ensaio no cal se traballarán obras, ou fragmentos delas, seleccionadas polo tribunal. Ao final do ensaio, deberán interpretarse a modo de concerto.
As obras serán as seguintes:
- – Egmont (Obertura, op. 84)
- – Maruxa (Preludio do 2o acto)
- – Gloriosa (Symphonic Poem for Band)
L.V. Beethoven
A. Vives / Trans. T. Romo Y. Ito
O tempo de duración deste exercicio será determinado polo tribunal, e valorarase de 0 a 10 puntos, sendo requisito obter un mínimo de 5 puntos para acceder ao seguinte exercicio.
TERCEIRO EXERCICIO: os/as candidatos/as que superen o segundo exercicio serán convocados polo tribunal a partici- par en ensaios e concertos coa Banda de Música durante unha semana. Logo deste período, o tribunal puntuará ás persoas candidatas, oído o parecer do persoal empregado da Banda de Municipal de Música, cunha puntuación de 0 a 10 puntos.
A persoa proposta polo tribunal será a que acade maior puntuación na suma dos tres exercicios. No caso de empate, será elixida a persoa candidata que obtivera maior puntuación no segundo exercicio; de persistir o empate atenderase ao establecido na Resolución do 30 de xaneiro de 2020 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regu- lamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 27 do 10/02/2020).
Artigo 9.- Nomeamento
A concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local será a competente para nomear á persoa candidata elexida, previa proposta da Concellería de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural.
Artigo 10.- Impugnación
Contra a presente resolución e cantos actos administrativos se deriven dela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Concellería de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, nos termos e prazos sinalados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas; ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1992, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Página 4 / 5
Número de anuncio 2020/1498
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Xoves, 27 de febreiro de 2020 [Número 39] Jueves, 27 de febrero de 2020
DATOS PERSOAISANEXO III Modelo de solicitude | ||
Primeiro apelido | Segundo apelido | Nome |
DNI | Data nacemento | Enderezo |
Localidade | Provincia | Telefóno/correo electrónico |
NO CASO DE PRESENTAR SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA | ||
Vínculo xurídico | Categoría profesional | |
Situación administrativa | Destino actual | |
Dependencia | Localidade | |
SOLICITO: ser admitido/a na convocatoria para prover o posto de persoal directivo denominado director/a da Banda Municipal de Música do Concello de Santiago de Compostela, anunciada pola Resolución do 25 de outubro de 2019, ao considerar que reúno os requisitos exixidos.(Lugar, data e sinatura)CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Alcaldía2020/1498 | ||
Página 5 / 5