A BMP aspira a negociar co Concello a renovación do seu convenio tras máis de dous anos sen actividade regular ▶ A agrupación debería conmemorar o ano que vén o seu 120º aniversario
«A nós se nos din a semana que vén que hai que empezar a tocar, alí estaremos. Estamos desexosos de volver á normalidade. E penso que o público tamén», di o presidente da sociedade que xestiona a Banda de Música de Pontevedra (BMP), Víctor Manuel López, bombardino da agrupación dende o ano 2000. Vén de retomar o cargo, que xa exercera entre 2004 e 2005, na última asemblea do colectivo, celebrada este mesmo ano. «Agora mesmo o noso principal obxectivo é poder negociar co Concello de Pontevedra a sinatura dun novo convenio para retomar a nosa actividade regular e poñer en marcha unha programación».