Queremos presentarvos os novos directores titulares das bandas federais:
Xabier Oliveira, director da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, e
Javier Alonso Pérez, director da Banda Sinfónica Galega.
A elección destes grandes mestres veu precedida dunha convocatoria aberta, na que tiveron que enviar un programa de actuación para desenvolver durante os encontros que neste 2019 terán as dúas agrupacións.
Benvidos!