Música e Valores”, Xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia

0
3416


Publicado el 10 abril, 2019por Carlos Diéguez

No ano 2015 iniciábase en Galicia o Plan Nacional de Bandas, impulsado pola Asociación Nacional de Directores de Banda, coa creación da Banda Sinfónica Infantil de Galicia. En 2017 ó proxecto sumaríase a posta en marcha da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.

Ambas agrupacións, nas que formaron parte preto de 300 mozos e mozas galegos, realizaron encontros anuais con concertos nas 4 provincias galegas; contando ademais coa participación de importantes solistas, estreas de obras ou masterclass.

O proxecto cumpre a súa 5ª edición no 2019 co debut da Banda Sinfónica de Galicia (BSG).

A BSG xurde da consolidación do proxecto da Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, e da continuidade á labor pedagóxica que se leva facendo dende o 2015.

Para a conformación desta banda buscaranse, ademais dos obxectivos da BSG, o valor tanto pedagóxico do encontro, como artístico dos seus membros, inquedanzas musicais, así como a predisposición por mellorar e de facer da práctica do instrumento algo incorporable ó cotiá da vida.

Poderán formar parte dela músicos galegos ou con residencia en Galicia, a partir de 15 anos (cumpridos no 2019) e sen límite de idade.

A Banda Sinfónica de Galicia estará formada en torno ós 50 compoñentes (frautín, frauta, óboe, corno inglés, fagot, requinto, clarinete, clarinete baixo, saxofón alto, saxofón tenor, saxofón barítono, trompeta, trompa, trombón, trombón baixo, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, e percusión).

O encontro terá lugar entre os días 5 ó 11 de Agosto en Ortigueira (A Coruña), realizando unha xira con 3 concertos:

9 agosto: Auditorio Municipal de Ribadeo

10 agosto: Auditorio Municipal de Sober

11 agosto: Teatro da Beneficencia de Ortigueira

O proxecto inclúe ademais da convocatoria para a selección dos músicos, dúas propostas para solistas e compositores:

Construíndo Sons: Convocatoria para a participación de novos compositores galegos. O encontro levará por tanto programadas as obras seleccionadas, que  serán interpretadas nos diferentes concertos. As obras serán editadas e distribuídas gratuitamente a todas as agrupacións musicais que o demanden.

Proxectando Sons: Convocatoria para participar como solista na xira da Banda Sinfónica de Galicia.

A xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia  conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, dos Concellos de Ortigueira, Ribadeo e Sober, así como das escolas e bandas de ditas vilas e das empresas Editorial Dos Acordes e Piccolo Music Store.

MÚSICA E VALORES (XIRA 2019 DA BSG)

Musica e valores é o título da xira que realizará a Banda Sinfónica de Galicia neste 2019 e que levará o seus Sons ás terras do Eo, Lemos e Ortegal.

Un dos pilares básicos deste proxecto son os valores, uns valores que se fomentan e potencian por medio do traballo en equipo, como é o caso de tocar nunha banda. Esa convivencia a través da nosa afección pola música, os gustos e intereses comúns,  compartindo preocupacións, alegrías, triunfos e ca seguridade de contar cun apoio incondicional dos nosos compañeiros da banda.

Os valores son o cimento das relacións duradeiras, o respecto polos compañeiros, o traballo colaborativo, ser xeneroso, prestar axuda sen demandar nada a cambio, son pequenos detalles no decorrer diario que sentan as bases da nosa propia personalidade. Esto é primordial para facer música e todo elo fai posibles as sinerxías entre tódolos membros dunha banda. Tocar, escoitar, sentir, compartir experiencias fai da música algo único.

A música é un  arte para compartir, non para competir. É algo que esquecemos  habitualmente e que dificulta a unión e conexión entre escolas, conservatorios, bandas…  e músicos. Nos encontros dende o 2015, a xuventude galega demostrounos a gran calidade humana e musical que teñen. Tan só fai falla que os apoiemos e creamos que se pode construír un horizonte mellor para as nosas agrupacións.

Todo elo a través dos valores, da  amizade como leitmotiv da música, da  convivencia, da vida.

Datas de interese:

15 abril ó 2 de Xuño: Selección dos Músicos 2019 da BSG e convocatoria para solistas (Proxectando Sons)

1 de Maio ó 15 de Xuño: Construíndo Sons. Programa para novos compositores

5 ó 11 de Agosto: Encontro e Xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia

1 de Setembro ó 30 Novembro: Abertas candidaturas para sedes, directores e proxectos 2020-2021 das Bandas Sinfónicas de Galicia


DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí