IV Congreso bandístico en Santiago de Compostela
Presentación
O IV Congreso bandístico, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar no Conservatorio de Santiago de Compostela entre os días 6 e 8 de decembro de 2023.
A través de conferencias, mesas de discusión e charlas entre varios ponentes, o congreso abordará temas como a influencia das bandas populares na música contemporánea, a xestión e sostibilidade das bandas, a formación de novos talentos e a importancia das bandas na promoción cultural e no tecido comunitario. Este evento servirá como punto de encontro para celebrar a rica herencia musical de Galicia e explorar as direccións futuras da música popular nas bandas.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Conservatorio de Santiago de Compostela e da EGADIB.
Información xeral
Lugar
Conservatorio de Santiago de Compostela
Rúa Monte dos Postes – 15703 Compostela
Datas
Mércores 6 de decembro a venres 8 de decembro de 2023
Asistencia
A asistencia ao IV Congreso Bandístico é de balde co obxectivo de fomentar a participación aberta e inclusiva de todos os interesados na rica tradición musical das bandas de música populares en Galicia. Creemos firmemente na importancia de compartir coñecementos e experiencias sen barreiras económicas, e así permitir que tanto músicos como entusiastas poidan formar parte desta experiencia enriquecedora.
A maioría das actividades, incluíndo conferencias, mesas redondas e charlas, son de balde e abertas a todos os participantes sen importar a súa condición de federados ou non federados. O rexistro para estas actividades pode realizarse facilmente a través dun formulario en liña.
Formulario xeral para as actividades: forms.gle/yd8CqGMyZFdqJ26SA 🔗.
Formulario específico para a clase maxistral de dirección: forms.gle/m7W93QGqvuxN42jB8 🔗
Programa
Mércores 6 de decembro de 2023
Proxecto europeos: soñar, deseñar, construír
Poñentes
Horarios e actividades
Obxectivos
Soñar (oportunidades de financiamento)
Deseñar (o ABC do project management)
Construír (taller de desenvolvemento de proxectos)
Recoméndase traer dispositivo electrónico (tablet ou portátil).
Xoves 7 de decembro de 2023
Próximamente.
Venres 8 de decembro de 2023
Clase maxistral de dirección con Miguel Romea sobre o Octeto de Stravinsky
O Octeto para instrumentos de vento de Igor Stravinsky, composto en 1923, será o punto final do IV Congreso Bandístico. Nesta experiencia única, os participantes e oíntes poderán explorar a riqueza e a complexidade desta obra neoclásica, mergullándose nos seus elementos rítmicos e contrapuntísticos.
Coa orientación de expertos e a colaboración entre participantes, a actividade busca non só proporcionar unha experiencia musical, senón tamén profundizar na comprensión da obra e na súa relevancia na evolución da música.
Horarios
Integrantes do octeto
Prazas
Inscrición
O proceso realizarase no seguinte formulario: https://forms.gle/m7W93QGqvuxN42jB8 🔗