I CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXIX FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE TUI

0
462

BASES

A Asociación Banda de Música Popular de Tui organiza o I Concurso para anunciar o XXIX FesƟval de Bandas de Música, que se celebrará en Agosto de 2024:

  1. No concurso poderán tomar parte neste concurso todas aquelas persoas que o desexen sen límite de idade. Os menores de 18 anos terán que ter unha autorización outorgada polo nai, pai ou Ɵtor legal.
  2. Cada parƟcipante poderá presentar un máximo de tres traballos.
  3. A temáƟca dos carteis será sobre o que representa para Tui a música e o FesƟval de Bandas.
  4. Os carteis deberán ter obrigatoriamente o seguinte dato:
    · XXIX FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE TUI
  • Calquera cartel que non teña o seguinte dato quedará excluído do concurso.
  1. Os carteis terán un tamaño A3 (297 X 420 mm) (11,7 x 16,5 pulg).
  2. O prazo da presentación dos carteis será dende o 1 Maio ata o 31 de Maio incluídos.
  3. Establécese tres premios:
  • Primeiro premio: 300€ + unha noite nun hotel de Tui + diploma. A esa canƟdade aplicaráselle a retención ou tratamento fiscal que corresponda.
  • Segundo premio: 100€ + cea para dúas persoas nun restaurante de Tui + diploma. A esa canƟdade aplicaráselle a retención ou tratamento fiscal que corresponda.
  • Terceiro premio: cea para dúas persoas nun restaurante de Tui + diploma.
  1. Os carteis presentados ao concurso serán expostos durante o mes de Xuño.
    Despois do transcorrido tempo, o xurado fará a súa valoración dando a coñecer os gañadores dos premios.
  2. O xurado estará formado por:
  • Presidente: Presidente da Asociación Banda de Música Popular de Tui.
  • Secretaria: Secretaria da Asociación Banda de Música Popular de Tui.
  • Vogal 1: Persoa cualificada no ámbito de deseño gráfico.
  • Vogal 2: Vogal da Asociación Banda de Música Popular de Tui.
  • Vogal 3: Persoa cualificada no ámbito de deseño gráfico.
  1. Os criterios de cualificación son seguintes puntos:
  • Valoración do xurado (60 puntos):
    i. CreaƟvidade (10 puntos)
    ii. Orixinalidade (10 puntos)
    iii. Técnica (10 puntos)
    iv. Presentación (10 puntos)
    v. Claridade no mensaxe (10 puntos)
    vi. Facilidade na aplicación nos disƟntos soportes publicitarios (10 puntos).
  • Valoración das redes sociais (20 puntos). Os tres carteis que teñan máis interaccións sumarán 20, 12 e 4 puntos por orde dos votos
    acadados.
  • Valoración da exposición pública (20 puntos). Os tres máis votados sumarán 20, 12 e 4 puntos por orde dos votos acadados.
  1. O xurado poderá declarar deserto o Concurso.
  2. As obras presentadas serán orixinais e inéditas e os concursantes se responsabilizan totalmente de que non existe dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como renuncia a toda reclamación por dereitos de imaxe.
    Tamén serán moƟvo de descualificación os carteis que no cumpran o terceiro, cuarto e quinto punto das bases.
  3. As obras presentaranse da seguintes forma:
  • En formato dixital ao correo electrónico bandademusicapopulardetui@gmail.com O correo deberá ter unicamente a obra en formato dixital en alta resolución, así como no Ɵtulo do asunto do correo “Concurso Cartel e (ơtulo/lema do autor)”. O arquivo será en formato
    editable a PDF e outro a formato editable a JPG. A Asociación farase cargo dos gastos de impresión do cartel.
  • En formato papel: os carteis deberán vir montados nun soporte ríxido. Así mesmo presentarán unha copia do cartel en alta resolución, en calquera disposiƟvo ou vía correo electrónico.

*Tanto no formato dixital como en formato papel, presentaráse nun sobre pechado, onde se incluía a Ficha de inscrición debidamente cuberta (anexo que se adxunta nas bases) e fotocopia do DNI. No exterior deste sobre, unicamente aparecerá o lema/ơtulo da obra, sen ningún outro texto coa finalidade de preservar a idenƟdade do autor.

  1. O lugar de presentación dos traballos será no Apartados de Correos 107 de Tui.
    No momento da recepción dos traballos a asociación confirmará a súa chegada.
  2. Nas obras non aparecerá nin o nome, nin a firma do autor, debendo consignarse, ao dorso, o ơtulo ou lema da obra. Ese mesmo ơtulo ou lema figurará nun sobre pechado na ficha de inscrición adxunta a estas bases.
  3. O gañador do concurso cedera todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación a Asociación de Bandas de Música Popular de Tui.
  4. A entrega do premio do concurso terá lugar no XXIX FesƟval de Bandas de Música. A data será comunicado aos gañadores con antelación, que terán que asisƟr ao acto para recibir o premio.
  5. Os carteis presentados no concurso non serán devoltos pola asociación.
    Calquera autor que queira recuperar o cartel, terá que poñerse en contacto coa asociación no prazo de 15 días despois da resolución do xurado. Correo:
    bandademusicapopulardetui@gmail.com .Transcorrido os 15 días entenderase que os autores renuncian a propiedade do cartel, o cal pasara a ser propiedade da asociación.
  6. O fallo do xurado terá carácter inapelable.
  7. A presentación de traballos neste concurso implica a total aceptación destas bases. A organización resérvase o dereito a introducir, se o cre conveniente, as modificacións necesarias para o bo funcionamento do concurso.
    Tui, a 30 de Abril de 2024
    Asociación Banda de Música Popular de Tui

CONCURSO DE CARTEL XXIX FESTIVAL
DE BANDAS DE MÚSICA DE TUI

FICHA DE INSCRICIÓN

D./Da. ____________________________________________________________
con DNI _____________ con domicilio en
_______________________________________ con teléfono de contacto
_________________ e enderezo electrónico
_________________________________.

Nome e apelidos da nai/pai/Ɵtor/a ________________________________ con
DNI ___________.

DECLARA:

  • Que no caso de gañar o concurso, cede a propiedade do cartel a Asociación Banda de
    Música Popular de Tui, que se reserva os dereitos da mesma.
  • Acepta as bases do Concurso do Cartel para o fesƟval XXIX FesƟval de Bandas de
    Música de Tui.
  • Que o traballo co ơtulo/lema: _________________________________
    que acompaña a esta ficha de inscrición é orixinal e inédito, non tendo sido premiado
    en ningún outro concurso.

, a de ______________ de 2024

Asdo._____________________

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí