Dende a voz dos nenos – Colaboración coa BMSC
Coa claridade e dozura do canto dos nenos, desfrutaremos dun proxecto sinfónico-coral embriagado de paixón e beleza. Participan:
– Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela
– Integrantes da Banda Sinfónica Galega
– Escolanía da Catedral de Santiago
– Coro Cardenal Quiroga
Colaboran:
– Marina Penas (soprano)
– Gabriel Alonso (barítono)
– José Luis Vázquez (director dos coros)
Dirixe: David Fiuza
A entrada é de balde ata completar aforo. Podes recoller a túa aquí:
Symphony No. 4 – Sinfonie der Lieder (Sinfonía das cancións) – Johan de Meij
A 4ª sinfonía para voz solista, coro de nenos e banda de música está inspirada nunha variedade de poemas alemáns do século XIX. Os tres primeiros movementos usan letras da mesma fonte que empregou no seu momento Gustav Mahler: Kindertotenlieder de Friedrich Rückert.
1) Ein Jahr ist nun geschwunden (Xa pasou un ano)
2) Wenn zur Thür herein (Cando está na porta)
3) Wiedersehn (Reunión / Deica logo)
A segunda metade da sinfonía continúa sobre o tema da morte, utilizando un poema de Heinrich Heine. As dúas últimas cancións, de Hugo von Hofmannsthal, son unha metáfora para o renacemento, a nova vida e a esperanza.
4) Zwei Brüder (Dous irmáns), de Heinrich Heine
5) Vorfrühling (Inicio da primavera). de Hugo von Hofmannsthal
6) Liedchen des Harlekin (Canción do arlequín), de Hugo von Hofmannsthal
A sinfonía foi escrita a petición da Südtiroler Jugendblasorchesters (Orquestra Xuvenil de Ventos do Tirol do Sur) para o Festival Mahler en Dobaccio (Italia).
Mass of the Childern (Misa dos nenos) – John Rutter, arranxo de Paul Noble
Esta peza foi escrita en resposta a un convite para compoñer unha nova obra para un concerto durante a convención nacional da American Choral Directors’ Association (Asociación Americana de Directores de Corais) en New York en febreiro de 2003. As obras corais a maior escala de Rutter son relativamente poucas, o Gloria, o Requiem e o Magnificat son as máis interpretadas, pero cada unha ten un carácter. «Mass of the Children» representa algo novo na obra do compositor no sentido de que foi concebida cun papel integral para un coro de nenos xunto cun coro mixto de adultos, dous solistas e orquestra. O papel do coro de nenos é engadir unha dimensión máis á tradicional misa en latín cantada polo coro de adultos, ás veces comentando, ás veces amplificando o significado e o estado de ánimo.
O propio texto da misa (unha Missa Brevis, é dicir, unha misa sen credo) é cantado principalmente polo coro de adultos ou polos solistas. Os nenos cantan ás veces o latín, por exemplo no Christe eleison, na apertura do Gloria e no Benedictus, pero noutros lugares eles e os dous solistas cantan textos en inglés especialmente escollidos que dalgún xeito reflicten ou iluminan o latín. A obra comeza con dous versos do himno matinal do bispo Thomas Ken para os Scholars of Winchester College, e remata cos nenos cantando o seu himno vespertino coa melodía intemporal de Tallis, mentres os adultos entonan a tradicional Dona nobis pacem, unha oración pola paz. Isto crea un marco (dende que un se esperta ata que un se adormece) no que outros textos e estados de ánimo aparecen en sucesión caleidoscópica, como acontecementos nun día ou fitos nunha vida.
Letras de Mass of the Childern
Nenos
Awake my soul, and with the sun
Acorda a miña alma, e coa chegada do sol
Thy daily stage of duty run;
inicia os teus deberes diarios;
Shake off dull sloth, and joyful rise
Desprende a apatía e álzate alegre
To pay thy morning sacrifice.
para oferecer o teu sacrificio matutino.
Redeem thy mis-spent time that’s past,
Redime o tempo que malgastaches no pasado,
Live this day as if ‘twere thy last:
vive este día como se fose o teu último:
Improve thy talent with due care;
Mellora o teu talento cun coidado apropiado;
For the great Day thyself prepare.
prepárate para o gran Día.
Adultos (despois nenos e solistas)
Kyrie eleison
Señor, ten piedade de nós
Christe eleison
Cristo, ten piedade de nós
Kyrie eleison
Señor, ten piedade de nós