CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR; DO XXVIII FESTIVAL DE BANDAS DE MEAÑO 2019

0
1442

BASES 

A Asociación Cultural Unión Musical de Meaño organiza o XII concurso do cartel para anunciar o XXVIII Festival de Bandas de Música, que se celebrará o domingo 28 de abril 2019. 

1) Poderán tomar parte neste concurso todas aquelas persoas que o desexen sen límite de idade. 

2) Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos. 

3) Todos os traballos presentados deberán versar sobre a música, e o que representa para Meaño o Festival de Bandas. Valorarase positivamente a creatividade, orixinalidade e debendo suxeitarse en sensibilidade e técnica ao que é propio do cartel e non da pintura, e contar cunha clara finalidade divulgadora. 

Ademais, deberán incluír de maneira visible os seguintes textos: 

a. XXVIII Festival Bandas de Música 

b. Meaño 2019 

4) Os carteis serán sempre inéditos, orixinais, ao menor indicio de plaxio as obras serán descalificadas. A presentación dos carteis poderá ser das seguintes formas: 

– SOPORTE RIXIDO: os carteis realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, pastel, etc…) deberán vir montados en soporte ríxido (bastidor ou cartón pluma). Así mesmo presentarase tamén unha copia do cartel a cor de alta resolución en un disco CD ou memoria USB. 

– SOPORTE DIXITAL: no caso de tratarse dunha técnica como a fotografía, informática, etc.. deberán ser presentados en soporte dixital, gravados en alta resolución nun CD en formato editable a PDF e noutro formato editable a JPG, ambos escalables a tamaño A3, ou Súper A3. A Asociación Unión Musical farase cargo dos gastos de impresión do cartel. 

En canto ao uso de fotografías ou elementos escaneados reais, non serán aceptadas aquelas que, por representar a persoas, animais ou cousas, sexan susceptibles de ser impugnadas ou reclamados os seus dereitos de utilización, por persoas e institucións que poidan acreditar a súa propiedade, sendo o autor o responsable único ante calquera incidencia que por estes motivos se puidese producir. ASOCIACION UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO C.I.F.: G-36.143.857 Tfno: 675 580 947 E-mail: unionmusicaldemeano@gmail.com 

5) Presentación dos traballos: 

Si se trata dunha obra presentada en soporte ríxido, os traballos presentaranse con un lema, que deberá figurar no dorso da obra sen ningún outro dato. 

Si se empregou a técnica de fotografía, informática, etc, presentase o CD co seudónimo do autor. 

– En calquera dos casos ademais presentaráse un sobre pechado, onde se incluirá nome e apelidos do autor, (ou autores, se actúan en equipo), domicilio, teléfono, fotocopia do DNI e enderezo electrónico. Ademais incluirá o lema e a declaración firmada á que se refire a Base 11ª, (cubrir o anexo que se adxunta) 

No exterior deste sobre, unicamente aparecerá o indicado lema, sen ningún outro texto ou contrasinal (todo elo para preservar a identidade do autor) 

6) O lugar de presentación dos traballos será o Rexistro Xeral do Ilmo. Concello de Meaño. O prazo de presentación de traballos remata o xoves 31 de xaneiro de 2019. 

7) Cos traballo admitidos celebrarase unha exposición no Hotel-Restaurante “Quinta de San Amaro” (Rúa San Amaro, nº 6, Meaño, Pontevedra) dende o venres 1 febreiro, ata o sábado 16 de marzo 2019. 

Os visitantes da exposición poderán votar e valorar os traballos expostos no prazo mencionado, estas votacións teranse en conta á hora da valoración por parte do xurado competente. 

Ademais estas votacións, entran no sorteo dunha botella de viño e un aperitivo para catro persoas en dito restaurante. 

8) O xurado estará composto polo Presidente da Asociación e tres vogais da mesma designados pola Xunta Directiva da Banda, un representante do Concello, un representante do Hotel-Restaurante Quinta de San Amaro e o voto do público.No caso de empate o voto do público valerá dobre. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, outro representante do Concello de Meaño. 

9) Outorgaranse os seguintes premios: 

1. 1º PREMIO: Cheque ao portador de 300 €, ademais dunha cea para 2 persoas con aloxamento e desayuno, no Hotel Restaurante “Quinta de San Amaro”. 

2. 2º PREMIO: aloxamento e desayuno para dúas persoas no Hotel Restaurante “Quinta de San Amaro”. 

3. 3º PREMIO: un aperitivo para catro persoas acompañado dunha botella de viño. 

ASOCIACION UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO C.I.F.: G-36.143.857 Tfno: 675 580 947 E-mail: unionmusicaldemeano@gmail.com 

4. O xurado poderá determinar que os premios poidan quedar desertos. 

10) A entrega de premios terá lugar o día da presentación do XXVIII Festival de Bandas de Música no mecionado Hotel-Restaurante, sendo difundido polos medios de comunicación presentes. O día e data será comunicado con antelación aos premiados, que terán que asistir obrigatoriamente ao acto para recibir o seu agasallo. 

11) Os carteis que obteñan premio quedarán en propiedade da Asociación, quen fará con el o uso que estime conveniente, reservándose o dereito de reproducilo, no futuro, a tamaño natural ou reducido. 

A tal fin, os cartelistas presentarán xunto coa obra o ANEXO debidamente asinada. As obras que non conteñan esta declaración debidamente cumprimentada e asinada en caso de ser gañadoras será automaticamente descalificadas. 

12) Os carteis non premiados serán retirados polos autores ou persoas debidamente autorizadas, no prazo de 30 días a contar desde o día seguinte ó peche da exposición, transcorridos os cales entenderase que o autor cede á Asociación Unión Musical de Meaño a súa propiedade, podendo esta darlle o destino que crea conveniente. 

A Asociación Unión Musical de Meaño non se responsabiliza das embalaxes e custos que conleve a retirada dos carteis. 

13) A Asociación Unión Musical de Meaño non será responsable por causa algunha da perda, deterioro, extravío, etc. das obras presentadas a concurso durante o seu prazo de duración, non cubríndose póliza de seguro que cubra os devanditos riscos. 

14) Será responsabilidade dos cartelistas calquera reclamación que poida producirse en relación coa autoría do cartel e o seu posible plaxio, eximindo de toda responsabilidade a Asociación Unión Musical de Meaño. 

15) O fallo do xurado terá carácter inapelable. 

16) A presentación de traballos neste concurso implica a total aceptación destas bases. 

Meaño, a 4 de xaneiro de 2019 

A Xunta Directiva 

Asociación Cultural Unión Musical de Meaño ASOCIACION UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO C.I.F.: G-36.143.857 Tfno: 675 580 947 E-mail: unionmusicaldemeano@gmail.com 

ANEXO FICHA DE INSCRICIÓN 
LEMA 
NOME 
APELIDOS 
DNI 
DOMICILIO 
E-MAIL 
TELÉFONO 

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí