A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música.
Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) establece as bases polas que se rexerá o XI Concurso Galego de Composición.
1. Comité organizador
Formarase un Comité organizador que será o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do concurso e estará formado por membros da directiva da Federación Galega de Bandas de Música Populares de Galicia.
Poderá estar asistido por unha unidade de asesores técnicos coa finalidade de colaborar no bo funcionamento e organización do concurso.
2. Participación
- Poderán concorrer compositores/as sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
- As composicións deberán ser orixinais e inéditas, versarán sobre temática galega e farán alusión no seu título a aspectos da cultura galega (historia, monumentos, xeografía, tradicións, etc.) libremente elixidos polo autor.
3. Tipoloxía das obras
- Establécense os seguintes cadros de instrumentación:
- Seccións infantil, xuvenil e terceira:
Vento madeira | Vento metal | Percusión |
Frauta travesa 1 Frauta travesa 2 (opc.) Óboe Fagot (opcional) Requinto (opcional) Clarinete 1 Clarinete 2 Clarinete 3 Clarinete baixo (opc.) Saxofón soprano (opc.) Saxofón alto 1 Saxofón alto 2 Saxofón tenor Saxofón barítono (opc.) |
Trompeta 1 Trompeta 2 Trompa 1 Trompa 2 Trombón 1 Trombón 2 Trombón 3 (opcional) Bombardino Tuba |
Até 4 percusionistas |
-
- Sección segunda:
Vento madeira | Vento metal | Percusión |
Frautín (opcional) Frauta travesa 1 Frauta travesa 2 Óboe 1 Óboe 2 (opcional) Fagot 1 Fagot 2 (opcional) Requinto (opcional) Clarinete 1 Clarinete 2 Clarinete 3 Clarinete baixo Saxofón soprano (opc.) Saxofón alto 1 Saxofón alto 2 Saxofón tenor Saxofón barítono |
Fliscorno (opcional) Trompeta 1 Trompeta 2 Trompeta 3 (opcional) Trompa 1 Trompa 2 Trompa 3 (opcional) Trombón 1 Trombón 2 Trombón 3 (opcional) Bombardino 1 Bombardino 2 (opc.) Tuba 1 Tuba 2 (opcional) |
Até 5 percusionistas |
-
- Sección primeira
Vento madeira | Vento metal | Percusión |
Frautín Frauta 1 Frauta 2 Óboe 1 Óboe 2 Corno inglés (opc.) Fagot 1 Fagot 2 Contrafagot (opc.) Requinto (opc.) Clarinete 1 Clarinete 2 Clarinete 3 Clarinete baixo Saxofón soprano Saxofón alto 1 Saxofón alto 2 Saxofón tenor 1 Saxofón tenor 2 Saxofón barítono |
Fliscorno 1 (opc.) Fliscorno 2 (opc.) Trompeta 1 Trompeta 2 Trompeta 3 Trompeta 4 (opc.) Trompa 1 Trompa 2 Trompa 3 Trompa 4 Trombón 1 Trombón 2 Trombón 3 Trombón baixo (opc.) Bombardino 1 Bombardino 2 Tuba 1 Tuba 2 |
Até 7 percusionistas |
En todas as categorías, establécense como opcionais os seguintes instrumentos: piano, violoncello e contrabaixo.
Os instrumentos opcionais non son de uso obrigado, quedando á libre disposición do/a compositor/a. Con todo, sempre que a partitura dalgún destes instrumentos opcionais inclúa un solo, este deberá figurar nalgún outro instrumento do cadro a modo de «defecto». No caso de optar pola utilización de divisis, estes deberán figurar nalgún outro instrumento do cadro.
- A maiores dos cadros, establécense as seguintes dificultades:
- Sección infantil: até grao 2.
- Sección xuvenil: de grao 2 a grao 3.
- Sección terceira: de grao 3 a grao 3 e ½.
- Sección segunda: de grao 3 e ½ a grao 4 e ½.
- Sección primeira: de grao 4 e ½ a grao 6.
- A duración das pezas e os tempos totais de desviación permitidos serán:
- Sección infantil: 6 ± 1 minutos.
- Sección xuvenil: 8 ± 2 minutos.
- Sección terceira: 10 ± 2 minutos.
- Sección segunda: 12 ± 2 minutos.
- Sección primeira: 14 ± 2 minutos.
4. Inscricións
- As obras presentaranse en papel, nun sobre pechado no que irá a seguinte documentación:
- Tres copias debidamente encadernadas e perfectamente lexibles da partitura do director baixo o lema «XI Concurso de Composición».
- Unha copia en arquivo dixital (formato PDF), maquetada cos programas Sibelius ou Finale xunto cun audio xerado informaticamente.
- Opcionalmente, poderase incluír as partes de todos os instrumentos.
- Todas deberán presentar o título da obra e a categoría á que se presenta.
- Outro sobre pechado onde aparecerán lema e título da obra. Conterá no seu interior os seguintes datos: datos do autor, teléfono e correo electrónico de contacto e unha declaración asinada que acredite que a obra presentada é orixinal do autor, non foi premiada noutro concurso, editada nin estreada co título actual ou calquera outro, así como a aceptación das presentes bases de conformidade co Boletín de Inscrición, que figura como anexo ás presentes bases.
- As partituras entregadas non poderán presentar inscricións, signos ou textos que poidan suxerir o nome do autor. Porén, deberase entregar a partitura xeral sen portada, agradecementos e demais información non musical.
- Será tida en conta a presentación e acabado das partituras entregadas (encadernación, maquetación…). A fonte empregada deberá ser perfectamente lexible e as indicacións de fraseo, dinámicas e articulación colocaranse de forma clara.
- Os instrumentos irán designados en galego, segundo os cadros do apartado 3.1.
- No caso de que, con posterioridade á presentación da obra, e antes do veredicto do xurado, a obra resultase gañadora noutro concurso, o participante deberá comunicalo de inmediato á Organización.
- Os concursantes que incumpran o anterior, así como aqueles que quebranten o anonimato, quedarán inmediatamente excluídos.
5. Prazo de presentación
- O prazo de inscrición comezará o día 10 de xullo e rematará o día 10 de setembro de 2018.
- A documentación deberá ser entregada con acuse de recibo, ou remitida por correo certificado, sen alusión do remitente, á sede da FGBMP:
Rúa das Salvadas, 2 A. 15705 Santiago de Compostela, A Coruña. - Unha vez rematado o prazo de inscrición, comprobarase que todas as obras verifiquen o efectivo cumprimento das presentes bases.
6. Xurado
- O xurado será nomeado a proposta do Comité Organizador. Estará formado como máximo por tres personalidades do ámbito da música de recoñecido prestixio, e un/unha secretario/a, con voz e sen voto.
- O fallo farase público o día 4 de novembro de 2018. A lista das obras premiadas e finalistas farase pública nas redes sociais da FGBMP, así como na páxina web, e procederase á correspondente notificación aos autores das composicións seleccionadas.
- A decisión do xurado será definitiva e inapelable, podendo declararse deserto un ou máis premios facéndose constar na acta, se ao seu xuízo a calidade das obras non alcanza o nivel suficiente para ser merecedora de premio.
7. Premios
- De acordo co criterio do xurado, concederanse os seguintes premios:
- Sección infantil: o premio estará dotado con 1000 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
- Seccións xuvenil, terceira e segunda: o premio estará dotado con 1500 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
- Sección primeira: o premio estará dotado con 2000 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
- Establécese a posibilidade de designar un finalista que, segundo o criterio do xurado, mereza tal recoñecemento. Este premio estará dotado con:
- Sección terceira: 500 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
- Sección segunda: 500 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
- Sección primeira: 800 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
- Os autores das obras premiadas comprométese obrigatoriamente a facer constar en calquera publicidade e programa que inclúa a interpretación de dita obra a seguinte descrición: «Primeiro premio [ou finalista] do XI Concurso Galego de Composición».
8. Estrea e dereitos
- As obras premiadas e finalistas terán a posibilidade de seren obras obrigadas no Certame Galego de Bandas e poderán ser estreadas nun concerto a cargo da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música. Os/as compositores/as poderán asistir a un dos ensaios das súas obras para faceren as indicacións que consideren precisas á banda e ao seu director, dispoñendo dunha hora para tal fin.
- Os/as compositores/as entregarán nun prazo de 20 días naturais, seguintes á comunicación da resolución, as partituras xerais e individuais en formato pdf, así como calquera outra documentación relativa á obra (notas, instrumentación, currículo do compositor, etc.) que se lles solicite.
- A edición das obras farase baixo licenza Creative Commons. Os autores galardoados conservarán todos os dereitos que a Lei de propiedade intelectual concede aos seus autores.
- Os autores das obras premiadas ceden o dereito de comunicación pública á Federación Galega de Bandas de Música Populares, que poderá distribuíla entre os seus asociados.
- As obras seleccionadas como premiadas ou finalistas deberán presentarse respectando os criterios destas bases para a súa edición, podendo o comité organizador decidir non editala de non cumprirse este punto.
9. Aceptación das bases
- A inscrición no concurso implica a completa aceptación das súas bases.
- A organización resérvase o dereito a modificar as bases ou adoptar as decisións sobre aspectos non regulamentados nas mesmas, por razóns de forza maior ou de interese público.
- As decisións tomadas polo Comité Organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveranse, en cada caso, de maneira irrevogable polo propio comité.
- A redacción oficial das bases é no idioma galego a efectos legais. Presentaranse en distintos idiomas, pero os desacordos que xurdan delas serán resoltos con referencia no texto galego.
Calquera dúbida será resolta no enderezo electrónico composicion@bandas.gal.