As bandas de música que actuarán en Santiago os vídeiros días son «Sons e Soños», Abegondo, Vilatuxe e As Pontes.
O ciclo «Música no Camiño» organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, co apoio de Turismo de Galicia, promove concertos de bandas populares galegas na Praza das Praterías (Santiago de Compostela) para dalas a coñecer entre peregrinos e turistas.
Os concertos celébranse ás 20.00 h. Esta fin de semana será o turno de:
- Venres 25 de agosto.- Banda de música «Sons e Soños», baixo a batuta do mestre Armando Morales: Información da banda. Programa do concerto.
- Sábado 26 de agosto.- Banda de música de Abegondo, dirixida por Pablo Álvarez. Información da banda. Programa.
- Domingo 27 de agosto.- Banda de música de Vilatuxe, baixo a dirección de Víctor Vilariño. Historia e programa
- Martes 29 de agosto.- Banda de música cultural e recreativa das Pontes, dirixida por Daniel Novo.Historia e programa.
- Máis información: https://bandas.gal/evento/musica-no-camino-2023/