A Banda de Música Municipal de Santiago arranca o tetceiro ciclo de concertos da temporada que se desenvolverán ata o 27 de xullo, coincidindo coas festas do Apóstol. En total a BMSC ofrecerá nove propostas ao aire libre para un público variado que comenzará o vindeiro xoves 30 de maio ás 21 horas na Catedral co concerto «dende a lembranza», in memoriam do trombonista Dani Portas falecido o pasado mes de febreiro.A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, acompañado polo director da BMSC, David Fiuza, presentaron esta mañá a programación do terceiro ciclo da tempada 2023-2024 da Banda Municipal de Santiago, que baixo o título ‘Postais’, ofrecerá un total de nove concertos ao longo dos meses de maio, xuño e xullo.
A concelleira de Capital Cultural recordou que co programa ‘Postais’, «propoñemos en cada concerto unha viaxe a algún lugar do mundo a través da súa música que se pecha coa volta a casa cunha proposta de música galega».
Para este novo ciclo, Míriam Louzao destacou «a cooperación e sinerxias» da BMSC con diversas institucións como as Xornadas de Música Contemporánea de Compostela, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, o Congreso Nacional da Asociación Española de Tubas e Bombardinos, Galicia Clarinet Fest, as agrupacións Escolanía da Catedral de Santiago ou Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, así como a participación dun nutrido elenco de artistas convidados: Gabriel Alonso, Uxía Carreira, Antonio Romero Cienfuegos, Rafael Yebra, Tormod Flaten, José Luis Vázquez, José Manuel Vázquez, Xocas Meijide, Emilio Alonso Espasandín, Joao Pedro Santos e Ana San Martín.
A edila tamén subliñou dentro da programación, «a estrea absoluta de obras sinfónicas dos compositores galegos Xosé Carlos Seráns Olveira, Fernando Ruibal e Federico Mosquera».
A Banda Municipal tamén ofrecerá unha serie de concertos extraordinarios no barrio de San Pedro, na Colexiata de Sar e en Lalín, e tamén acollerá como residencias convidadas os concertos do ensamble do Congreso Nacional AETYB ou o ensamble do Galicia Clarinet Fest.
Programación
Este terceiro ciclo inaugurarase o vindeiro xoves 30 de maio ás 21 horas no Teatro Principal cun concerto que se realizará de maneira extraordinaria na Catedral, interpretando o Requiem de Fauré con solistas e coro, e que estará dedicado á memoria de Dani Portas, trombonista da Banda Municipal falecido o pasado mes de febreiro.
A programación continuará ao longo do mes de xuño e pecharase o 27 de xullo co concerto «de despedida» ao aire libre na praza da Quintana, coincidindo coas Festas do Apóstolo.